Os docentes sen vacinar até agora serán inmunizados cando lles toque por idade e xa non por ser esenciais

A Xunta di que se trata dun criterio do Ministerio de Sanidade.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/04/2021 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

Galicia vacinou contra a covid-19 ao 84 por cento do persoal da comunidade educativa, entre docentes e persoal non docente, pero todos aqueles que non chegaron a recibir ningunha dose xa non será inmunizado por ser colectivo esencial, senón que o fará cando lle toque polo seu grupo de idade.

Comité educativo do 16 de abril
Comité educativo do 16 de abril | Fonte: Europa Press.

Fontes do Goberno galego confirmaron que este é a pauta que se seguirá, o cal enmarcan nun criterio do Ministerio de Sanidade, parámetros que se discuten na comisión de saúde específica aberta no seo do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.

Na reunión do comité educativo galego, que presidiu este venres o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, foi a encargada de informar da situación da vacinación para o persoal docente e non docente dos centros educativos.

Segundo os datos de Sanidade, actualmente recibiron a primeira dose máis de 39.000 docentes --o 84 por cento do total-- e outros preto de 4.300 traballadores non docentes que desenvolven a súa actividade nos centros educativos --o 88 por cento do total--. O 16 por cento dos docentes que non recibiron ningunha dose e o 12 por cento do resto de persoal irán agora por criterio de idade, cando lles toque, co resto da poboación xeral.

Carmen Durán informou que en ningún dos vacinados destes colectivos declarados esenciais, para os que se reservou ata agora o medicamento de Astrazenca, detectouse ningunha reacción adversa grave, así como tampouco no conxunto da poboación galega.

A porcentaxe que resta por vacinar, explicou, "non se debe a causas organizativas", senón que a Xunta atribúeo á dispoñibilidade das doses e ás indicacións que se adoptan no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde e por parte do Goberno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta