A Xunta volve pedir 'sentidiño' no día no que os restaurantes abren ata as 23.00 horas

Destaca que os restaurantes teñen unha semana de prazo para a instalación dos medidores de CO2.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 16/04/2021 | Actualizada ás 22:55

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, pediu 'sentidiño' para avanzar na desescalada da hostalaría, nunha xornada de venres na que se permiten ceas en restaurantes ata as 23,00 horas.

"Estou seguro de que se as cousas seguen mellorando, poderemos seguir avanzando, e a hostalaría, aos poucos, volverá á situación de normalidade", afirmou.

Nunha visita a Casa Román, en Pontevedra, sinalou que esta apertura para ceas é un "paso necesario" que se dá grazas á "responsabilidade" da "inmensa maioría dos galegos" desde que volveu funcionar a hostalaría.

Igualmente, lembrou que os restaurantes teñen unha semana de prazo para a instalación dos medidores de CO2. Unha das medidas que teñen que adoptar os restaurantes para as ceas, como o rexistro de comensais, entre outras.

Terrazas de restaurantes cheas de xente durante o segundo día da apertura parcial da hostalaría en Santiago de Compostela / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press
Terrazas de restaurantes cheas de xente durante o segundo día da apertura parcial da hostalaría en Santiago de Compostela / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta