Máis de 3.700 beneficiarios de axudas da PAC recibirán transferencias por valor de 13,7 millóns de euros

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2021 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

Un total de 3.765 beneficiarios de axudas ambientais e de agricultura de ecolóxica da convocatoria da Política Agraria Comunitaria (PAC) de 2020 recibirán transferencias por valor de máis de 13,7 millóns de euros durante a próxima semana.

Segundo detallou a Consellería do Medio Rural, o organismo pagador dependente da Xunta, o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), efectuou as transferencias precisas para que os gandeiros e agricultores reciban os pagos durante a próxima semana.

En concreto, máis de 11,8 millóns de euros correspóndense coas axudas de agroambiente e clima, que serán percibidas por 3.545 agricultores e gandeiros. Mentres, o importe das subvencións de agricultura ecolóxica superará os 1,8 millóns de euros e beneficiará a 220 produtores.

A convocatoria destas axudas foi publicada o pasado mes de febreiro de 2020 mediante unha Orde da Consellería do Medio Rural que regulou a aplicación dos pagos directos á agricultura e a gandaría e as axudas ao desenvolvemento rural enmarcadas no sistema integrado de xestión e control, dentro da PAC.

Leira con vacas. Foto: XMF
Leira con vacas. Foto: XMF

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta