Vacinados uns 11.300 galegos de entre 60 e 65 anos este sábado, "arredor do 70%" dos citados

O Sergas continúa coa vacinación masiva este domingo, no que están convocadas uns 25.000 pacientes de máis de 70 anos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2021 | Actualizada ás 15:43

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) estima que "ao redor do 70 por cento" das persoas de entre 60 e 65 anos convocadas en toda Galicia este sábado para recibir a vacina contra a covid-19 acudiron á súa cita.

En concreto, de acordo con cifras que expón o Sergas nun comunicado, recibiron a primeira dose de AstraZeneca --a que lles corresponden por grupo de idade-- un total de 11.286 persoas

Ao longo do sábado houbo un total de 14 puntos de vacinación habilitados por toda Galicia. Por áreas sanitarias, na da Coruña-Cee recibiron a primeira dose 2.331 pacientes de 60 a 65 anos, mentres que en Vigo acudiron 2.164.

Así mesmo, na área de Santiago-Barbanza vacináronse 1.964 persoas; en Lugo-A Mariña-Monforte, 1.467; en Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, 1.321; en Pontevedra-O Salnés, 1.191; e en Ferrol, 848.

Este domingo, o Sergas continúa coa vacinación masiva en grandes recintos, para o que citou a uns 25.000 pacientes de máis de 70 anos.

Vacinación cotra a covid-19 no Hospital Marítimo de Oza / M. Dylan - Europa Press.  / Europa Press
Vacinación cotra a covid-19 no Hospital Marítimo de Oza / M. Dylan - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta