A Xunta defende a apertura das residencias con medidas "que foron entendidas" polos familiares

Desde o pasado venres as persoas maiores que viven en residencias poden recibir ata tres visitas individuais á semana.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 19/04/2021 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, manifestou que a desescalada nas residencias continúa de forma progresiva coa flexibilización das visitas e as saídas.

A titular do departamento autonómico apuntou que as medidas foron entendidas e respectadas por usuarios e familiares durante este primeiro fin de semana, durante unha visita á residencia coruñesa Torrente Ballester, na que estivo acompañada do delegado da Xunta nesta provincia, Gonzalo Trenor.

Fabiola García lembrou que desde o pasado venres as persoas maiores que viven en residencias poden recibir ata tres visitas individuais á semana, con cita previa e por parte de calquera familiar ou ser querido e realizar ata tres saídas semanais de catro horas de duración. Unha ampliación das medidas que permitirá "devolverlles parte da súa liberdade despois dun ano moi duro", sinalou.

A conselleira asegurou que a vacinación supuxo un punto de inflexión nas residencias de maiores e persoas con discapacidade. Neste sentido, concretou que nestes momentos hai "cero casos positivos" entre os traballadores e usuarios destes centros, o que permite pór a vista no avance da flexibilización progresiva das medidas de prevención fronte ao virus, segundo sinalou.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita a residencia Torrente Ballester. CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita a residencia Torrente Ballester. CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta