Baixan as festas en pisos en Santiago no fin de semana, menos da metade que o anterior

A Policía Local levanta entre o venres e o domingo 17 actas de sanción por non usar máscara, catro delas a clientes de hostalaría.

Por E.P. | Compostela | 19/04/2021 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

A Policía Local de Santiago de Compostela tivo que intervir nun total de catro festas en pisos entre o venres e o domingo, o que implica unha redución de máis da metade con respecto ao nove do fin de semana anterior.

Segundo consta no parte de incidencias que o Concello fixo público este luns, o sábado foi o día con máis celebracións que terminaron con sanción: dous.

Pero é que nunha destas festas, os axentes municipais tamén denunciaron á persoa responsable conforme á Lei Orgánica 4/2015 de Protección da Seguridade Cidadá, xa que recibiu un primeiro aviso ás 23,57 horas e logo, sobre as 4,43 da madrugada, tiveron que volver ao piso polo mesmo motivo.

Pola súa banda, a xornada do venres e do domingo saldáronse con dúas festas intervidas, respectivamente.

OUTRAS SANCIÓNS COVID

No parte de incidencias da capital galega tamén figura un total de 21 propostas para sanción a persoas que non empregaban a máscara obrigatoria ao longo do fin de semana.

Un camareiro recolle unha lámpada de calor da terraza dun restaurante
Un camareiro recolle unha lámpada de calor da terraza dun restaurante | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta