Diferencias entre o número de vacinados de 70 e 75 anos cos datos da Xunta e do ministerio

Hai máis dun 20% de diferencia en número de vacinados.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/04/2021 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

Os equipos encargados de administrar as vacinas contra a covid-19 están preparados para inxectar o medicamento a unhas 40.000 persoas en Galicia durante a xornada deste martes, despois de sumar case 50.000 persoas inmunizadas durante o fin de semana.

Segundo os datos do informe que publica o Ministerio de Sanidade --este luns con cifras do domingo--, na Comunidade galega foron administradas 48.262 vacinas desde o venres. En total, puxéronse o 93,6 por cento das doses que Galicia recibiu, é dicir, 865.840 das 924.865 doses que chegaron a Galicia.

Vacinación en Pontevedra
Vacinación en Pontevedra | Fonte: Europa Press

Con elas, foron inmunizadas con polo menos unha dose 649.603 persoas, o 27,5 por cento da poboación diana a vacinar. Pola súa banda, 216.237 persoas, o 9,2 por cento da poboación diana, completaron a pauta.

Os datos do informe con data de este luns, e que recolle os datos ata o domingo 18, revelan que do grupo 70-79 xa recibiron en Galicia polo menos a primeira dose o 53,2 por cento da poboación a vacinar, un total de 154.014 persoas, segundo a información recollida por Europa Press.

En canto aos datos achegados pola Consellería de Sanidade este luns, referidos en exclusiva ao sábado e domingo, apuntan que un total de 32.560 galegos dos grupos de idade entre 70 e 79 anos e 60 e 65 anos recibiron unha vacina este fin de semana, o que alcanza o 75 por cento das persoas citadas para a inmunización.

A Consellería de Sanidade informou o pasado venres que xa acabara a citación --non a vacinación-- de todos os maiores de entre 75 e 79 anos e que xa comezara co grupo de idade inmediatamente inferior.

DATOS DO FIN DE SEMANA DA CONSELLERÍA

Das máis de 42.000 persoas que foron chamadas este fin de semana a vacinarse en grandes recintos, entre o sábado e o domingo, acudiu o 75 por cento.

Na xornada do domingo, recibiron unha dose un total de 21.274 persoas pertencentes ao segmento de poboación entre 70 e 79 anos. Das 25.550 persoas que estaban citadas, vacináronse coa primeira dose o 83%. Para este colectivo está reservada a fórmula de Pfizer.

Por áreas sanitarias, este domingo foron vacinadas 4.336 persoas na área da Coruña-Cee; 1.527, na de Ferrol; 3.886, na de Santiago-Barbanza; 1.989, na de Pontevedra-O Salnés; 4.366, na de Vigo; 2.476, na área de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; e 2.694 na área de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

Na xornada do sábado, foron citadas as persoas do colectivo entre 60 e 65 anos, para as cales está reservada a fórmula de Astrazeneca. Neste caso, a Consellería de Sanidade estimou unha asistencia do 70 por cento, ao alcanzar a 11.286 persoas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta