A Xunta construirá, tras anos de protesta, un novo edificio de urxencias e PAC no hospital de Verín

O conselleiro de Sanidade salienta os investimentos realizados pola Xunta nesta comarca.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2021 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia construirá un novo edificio para albergar as urxencias e a PAC do hospital comarcal de Verín. O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, presentou este luns o proxecto de ampliación e mellora do Hospital Comarcal de Verín cuxas obras abarcan unha superficie aproximada de 1.500 metros cadrados e contarán cun investimento de 2,4 millóns de euros.

A nova edificación albergará o Punto de Atención Continuada, PAC, e o servizo de urxencias. En canto á PAC, destacou que terá tres consultas: dúas médicas e unha de enfermaría, comunicadas entre si.

Ademais contará cunha consulta para patoloxías respiratorias, "hoxe chámase consulta covid pero será patoloxías respiratorias". Esta consulta terá a súa sala de espera exclusiva. Na área de urxencias está previsto que haxa entre outras: unha área de triaje, dúas consultas polivalentes, unha sala de curas, seis boxes, unha área de observación e pre alta e unha sala de enfermaría.

MELLORA ENERXÉTICA INTEGRAL

O obxectivo da construción é gañar en funcionalidade e mellorar a asistencia e atención aos pacientes, así como dotar ao persoal de mellores instalacións e medios. Ademais, levará a cabo unha mellora enerxética integral do hospital de Verín mediante a instalación de paneis fotovoltaicos e o cambio do illamento térmico da cuberta.do en total 32 millóns de euros.

Ademais, ao tratarse dunha visita á provincia de Ourense, lembrou que na área sanitaria ourensá están en marcha unha obra nas consultas externas do hospital de Valdeorras cun investimento de 450.000euros á que se unirá outra, xa licitada, de 1,4 millóns para reformar cirurxía maior ambulatoria, farmacia e o hospital de día.

Os últimos integrantes do peche do paridoiro de Verín diante das portas do hospital, pouco antes de abandonar as súas posicións. | FOTO: Xosé Lois Colmenero. Membros dos veciños que se pecharon no hospital de Verin ante a última foto no seu campamento base | FOTO: Xosé Lois Colmenero
Os últimos integrantes do peche do paridoiro de Verín diante das portas do hospital, pouco antes de abandonar as súas posicións. | FOTO: Xosé Lois Colmenero. Membros dos veciños que se pecharon no hospital de Verin ante a última foto no seu campamento base | FOTO: Xosé Lois Colmenero

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta