O comité da refinaría da Coruña inicia unha rolda de reunións con alcaldes e empresa

Tamén están convocada unha manifestación o sábado 24 para protestar en contra do ERTE.

Por E.P. | A CORUÑA | 20/04/2021 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

O comité de empresa da refinaría da Coruña inicia este martes unha rolda de reunións con alcaldes e coa empresa tras o anuncio dun expediente de regulación de emprego temporal (ERTE) para un máximo de 212 traballadores, o 31% do persoal.

Segundo informa a representación sindical, á reunión que manterán este martes, ás 12,30 horas, co alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, súmase á que terán coa alcaldesa herculina, Inés Rei o xoves, día 22. 

Ademais, esta xornada haberá a primeira reunión da comisión negociadora do ERTE, á que se seguirá outra o venres, día no que convocaron unha concentración, ás 15,00 horas, na porta da refinaría.

O sábado, día 24, haberá unha manifestación que partirá da praza da Palloza, accións que enmarcan no obxectivo de "deter o ERTE".

Manifestación de traballadores da refinaría da Coruña en rexeitamento ao ERTE. COMITÉ DE EMPRESA DA REFINARÍA DA CORUÑA
Manifestación de traballadores da refinaría da Coruña en rexeitamento ao ERTE. COMITÉ DE EMPRESA DA REFINARÍA DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta