Santiago instalará un novo colector marrón para os biorresiduos

O novo contrato de xestión de residuos en Santiago de Compostela ten como obxectivo fomentar a compostaxe individual e comunitaria

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2021 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

A última Xunta de Goberno do Concello de Santiago deu luz verde ao comezo do proceso de adxudicación do novo contrato de xestión de residuos, limpeza viaria e recollida de lixos da cidade. O contrato contará con novidades como un novo colector, marrón, para o tratamento individualizado de biorresiduos, ou un sistema de sensores de enchido.

Así o explicou a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, nunha rolda de prensa para informar da adxudicación deste servizo, que actualmente se presta en virtude dun contrato formalizado hai 16 anos e cuxa vixencia finalizou en marzo de 2020. 

Colectores de lixo
Colectores de lixo | Fonte: Europa Press.

Segundo explicou Mila Castro, o novo contrato "presta especial atención á recollida selectiva de biorresiduos", a través da implantación dun quinto colector, de cor marrón, e ao fomento da compostaxe individual e comunitaria.

Así mesmo, prevese a incorporación de vehículos eco e de cero emisións e a aplicación de tecnoloxías para regular a frecuencia de recollida ás necesidades de cada área. Entre elas, a concelleira destacou a instalación nos colectores de sensores para verificar o nivel de enchido e proceder ao seu baleirado cando alcance, como máximo, o 75%, evitando así desbordamentos.

A recollida de residuos domésticos en centro histórico será "con puntos de recollida móbil en determinados espazos e determinadas horas", dixo Mila Castro. Ademais, haberá un incremento de zonas con colectores e novas localizacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta