Temas: VACINACIóN CEG

Empresarios ofrecen á Xunta as súas instalacións para vacinar contra a covid-19

Por E.P. | Santiago de Compostela | 20/04/2021 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, trasladou a disposición "dalgunhas empresas" para que se vacine nas súas instalacións.

Sobre a posible vacinación en empresas, dixo que "algunhas das grandes" trasladaron a súa disposición para que se poida facer nas súas instalacións.

"Se podemos facelo, adiante", dixo o presidente da CEG, quen defendeu o "papel clave" na crise sanitaria das empresas. "Se fai falla máis, aí estaremos", apostilou tras unha reunión na sede da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) con representantes das distintas patronais a nivel provincial.

Unha sanitaria vacina a unha muller maior de 80 anos coa dose de Moderna no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Unha sanitaria vacina a unha muller maior de 80 anos coa dose de Moderna no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo | Fonte: Europa Press.

Temas: VACINACIóN CEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta