Temas: PSDEG PSOE

A dirección do PSdeG acusa á provincial coruñesa de tentar "facer dimitir" a un senador

Lea entre os socialistas polo caso do exedil de Betanzos Antonio Vázquez.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/04/2021 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

O secretario de Organización do PSdeG, José Antonio Quiroga, acusou á dirección provincial do partido na Coruña de tentar "facer dimitir ao un senador" da provincia, en referencia ao exedil de Betanzos Antonio Vázquez, e apelou á "exemplaridade e transparencia" do partido.

José Antonio Quiroga, secretario de Organización do PSdeG
José Antonio Quiroga, secretario de Organización do PSdeG | Fonte: PSdeG-PSOE.

Así se pronunciou o responsable de Organización do PSdeG  tras coñecerse a intención do alcalde de Oroso, Manuel Mirás, de renunciar ao cargo tras máis de 20 anos na Alcaldía, unha marcha á que fontes socialistas vinculan coa súa intención de ocupar un escano no Senado.

Nas pasadas eleccións xerais, o aínda rexedor de Oroso, próximo á dirección provincial coruñesa, concorreu nas listas á Cámara alta como substituto do exedil de Betanzos Antonio Vázquez, quen actualmente exerce como senador pola provincia coruñesa.

Quiroga asegurou que debe respectarse o período de mandato dos deputados e senadores elixidos nas urnas, e que calquera situación "extraordinaria" debería ser tratada nos órganos estatais e federais. Ademais, mostrou "todo o respecto e valoración" cara a quen concorreron nas listas das eleccións xerais, tanto polos titulares como polos suplentes, pero advertiu de que "non se pode presionar a ningún cargo público para que renuncie e colocar a outro compañeiro".

Quiroga, que destacou que o senador de Betanzos está a facer "un gran traballo" na Cámara alta e que "ninguén na organización cuestiona o seu compromiso e bo facer", asegurou que "nin a dirección galega nin a dirección federal nin o grupo socialista no Senado están detrás desa operación".

Por último, dixo que o PSOE é un partido que "respecta as listas coas que concorre ás eleccións" e esas "manobras" non son exemplares, sobre todo "se pon intereses particulares por enriba do proxecto colectivo".

Desde a dirección provincial do PSOE coruñés non se pronunciaron sobre este asunto.

Temas: PSDEG PSOE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta