Unha anciá de 94 anos, a última vítima da covid

Xa son 2.376 as mortes da pandemia en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2021 | Actualizada ás 20:54

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias comunicaron este martes un novo falecemento, que eleva a 2.376 as vítimas mortais vinculadas coa pandemia en Galicia.

En concreto, notifican que este mesmo martes 20 de abril perdeu a vida no Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) unha anciá de 94 anos. Segundo confirma Sanidade, tiña patoloxías previas.

Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus
Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta