As axudas do segundo plan para pemes e autónomos estáran repartidas ao 100% en tres semanas, segundo Rueda

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2021 | Actualizada ás 21:12

Comparte esta noticia

O presidente do PP de Pontevedra e vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, trasladou que as axudas do segundo plan de axudas a pemes e autónomos da Xunta de Galicia, en colaboración cos concellos adheridos, estarán repartidas na súa totalidade "en dúas ou tres semanas".

Así mesmo, situouno como "unha garantía da rapidez e da axilidade" coa que funcionou a xanela única impulsada polo Goberno galego para paliar as perdas económicas aos negocios máis prexudicados pola covid-19.

Foi durante a xunta directiva provincial que se celebrou na pasada xornada, na que a formación reuniu de forma telemática a alcaldes, portavoces e cargos populares, e na que tamén participaron Julio Comesaña, Ángeles Vázquez e Fabiola García, conselleiros de Sanidade, Medio Ambiente e Política Social respectivamente.

Rueda destacou que a Xunta xa repartiu a día de hoxe 60,7 millóns de euros, o 81% do orzamento do segundo plan de axudas, e que a primeira convocatoria xa se abonou na súa totalidade.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Economía, Francisco Conde, reúnense con autónomos. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICI
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Economía, Francisco Conde, reúnense con autónomos. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICI

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta