A covid segue sumando vítimas en Galicia

Outros dous falecementos elevan as vítimas mortais da pandemia en Galicia a 2.378.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2021 | Actualizada ás 21:36

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias informaron este mércores da morte doutras dúas persoas que foran diagnosticadas con covid-19, o que eleva a 2.378 as vítimas mortais ligadas coa pandemia en Galicia.

En concreto, notifican que unha anciá de 101 anos faleceu no seu domicilio da área sanitaria de Pontevedra, no municipio de Poio, o 19 de abril.

E este 21 de abril, notifícase o falecemento no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) dunha muller de 84 anos. Ambas as falecidas presentaban patoloxías previas.

Sanitarios nunha ambulancia trasladando a pacientes covid dunha residencia a un hospital
Sanitarios nunha ambulancia trasladando a pacientes covid dunha residencia a un hospital | Fonte: Santi Alvite.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta