Temas: GRIPE VACINAS

Galicia comprará 145.000 vacinas máis contra a gripe que o pasado inverno

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/04/2021 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

Galicia activou xa a compra de vacinas contra a gripe para a próxima campaña. Serán un total de 885.000 dose, 145.800 máis que as adquiridas o pasado ano, por un importe de algo máis de 6 millóns de euros. Diso informou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta que deu luz verde á compra das vacinas para o próximo outono e inverno.

Enfermeira fornecendo unha vacina
Enfermeira fornecendo unha vacina | Fonte: Europa Press.

Despois dunha campaña, a de 2020/21, marcada pola practicamente nula incidencia da gripe común debido ás medidas ditadas para o control da pandemia de covid, fundamentalmente o uso de máscara, Feijóo recoñeceu que a deste ano é unha incógnita a medio ano para o outono.

A Xunta lembra que a vacina da gripe se reformula cada ano para atender as variacións das distintas cepas que son especificadas pola Organización Mundial da Saúde.

A campaña da gripe realízase en Galicia desde o ano 1991 e está primordialmente enfocada aos grupos de risco e profesionais sanitarios.

Temas: GRIPE VACINAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta