A Xunta anula as débedas inferiores a 3 euros porque "supoñen unha perda"

Suman un importe total de 1.180,55 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2021 | Actualizada ás 11:32

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica unha resolución da Axencia Tributaria de Galicia pola que se acorda a anulación e baixa en contabilidade de todas aquelas liquidacións que se atopen en período executivo e das cales resulte unha débeda pendente de recadar por un importe inferior ao tres euros.

As actuacións previstas na resolución que publica este venres o DOG efectuaranse en relación coas liquidacións das cales resulte unha débeda pendente inferior á referida cantidade a 31 de decembro de 2020.

Neste caso, suporá a anulación de 1.502 débedas que suman un total de 1.180,55 euros, é dicir, un importe medio de 1,2 euros por cada débeda anulada.

O período executivo é aquel que empeza o día despois de vender o prazo establecido para o seu ingreso --no caso de débedas liquidadas pola administración tributaria-- ou o día seguinte de finalizar o prazo voluntario ou, se este xa terminase, o día seguinte á presentación --no caso dunha autoliquidación--.

A anulación de débedas residuais realízana de forma periódica todas as administracións tributarias. O seu obxectivo é, segundo explica a Consellería de Facenda nunha nota de prensa, é evitar actuacións recadatorias que supoñen unha perda para a facenda pública, xa que nestas liquidacións xéranse uns custos "superiores aos recursos que potencialmente se puidesen obter coas mesmas".

Conselleiro de Facenda
Conselleiro de Facenda | Fonte: Comisión 3. Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta