Unha nova entidade ecoloxista protexerá os recursos da Costa da Morte

ADECOM crearase co obxectivo de defender os intereses da comarca, aburada por diferentes ameazas que requiren dunha resposta inmediata.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2021 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Costa da Morte contará cunha federación que defenderá o seu medio ambiente. A Asociación de Defensa da Costa da Morte (ADECOM) constituirá unha Federación comarcal para "crear unha comunidade ecosocial, natural e cultural que atinxa e defenda os intereses da nosa bisbarra, aburada máis que nunca por distintas ameazas que requiren dunha resposta social inmediata", segundo indican nun comunidado.

Costa da Morte
Costa da Morte | Fonte: freepiks.

Logo de casa un ano de reflexión, tomaron esta decisión tendo en conta as preocupacións da sociedade da Costa da Morte e co obxectivo de defender e protexer os seus recursos e intereses. A poboación desta comarca e as súas entidades poderán acudir ao acto de constitución o dia 19 de xuño ás 11:00 no Salón de Actos da Casa da Cultura de Corcubión.

OS RETOS DA COSTA DA MORTE

Entre os problemas máis urxentes que enfronta esta comarca están o monocultivo masivo de eucalipto; os macroproxectos eólicos que ameazan os principais espazos naturais; os proxectos de minaría que certas empresas queren implantar ou a perda de patrimonio e biodiversidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta