Esta é a situación dos centros educativos galegos con covid: soben a 576 os contaxiados

Con todo baixan de 24 a 23 as aulas pechadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2021 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid-19 nos centros educativos non universitarios --escolas infantís, colexios e institutos-- de Galicia seguen con tendencia ascendente e aumentan a 576, o que implica 14 máis que a xornada anterior. Mentres, as aulas inoperativas descenden a 23, unha menos, e segue sen haber centros pechados pola incidencia deste coronavirus.

Segundo os datos actualizados este venres polas consellerías de Sanidade e Educación, por áreas sanitarias os casos activos soben nas de Vigo (+11), A Coruña (+4), Ferrol (+1), Lugo (+1) e Pontevedra (+1), mentres que baixan nas de Santiago (-3) e Ourense (-1).

A área de Vigo, con 173 infeccións activas en centros educativos, mantense á cabeza de Galicia, tras sumar 11 máis, mentres que rexistra unha aula menos pechada ao baixar de 11 a 10, tres delas no CPR Plurilingüe Bouza Brey con 16 positivos e outras dúas na EEI Vila Laura que se mantén con seis contagios.

Séguelle a da Coruña, con 144 casos activos, catro máis, e mantén unha aula inoperativa. Esta área ten o IES Afonso X O Sabio, con 11 contagios, e 10 no CPR Plurilingüe Santa María del Mar, dúas máis.

Pola súa banda, na área de Pontevedra soben a 102 as infeccións activas, unha máis, e continúan catro aulas pechadas debido á Covid-19. Nela sitúase o centro con máis contaxios de Galicia; o CPR Plurilingüe A Inmaculada de Marín, con 19 --dúas máis-- e unha aula pechada. Ademais, conta co CEIP Plurilingüe de Chancelas de Poio con nove contaxios e dúas clases inoperativas.

A continuación prosegue a de Santiago, que conta con 71 casos activos, tres menos que a xornada anterior, e segue cunha aula pechada. O CEP Plurilingüe de Ventín, en Ames, encabeza os contaxios desta área, con oito --dous menos--, ao que lle segue o CEIP Plurilingüe de Palmeira en Ribeira, con seis.

En canto á área de Lugo colócase, con 41 infeccións activas, unha máis, e catro aulas pechadas --unha máis--, dúas delas en centros da capital, unha en Ribadeo e outra nunha escola infantil de Foz. Nesta área destaca como centro con máis contaxios o CEIP de Casás de Lugo, con oito casos activos --un máis-- e dúas clases inoperativas --unha máis--.

MENOS CASOS

Pola súa banda, con menos casos activos de Covid seguen as áreas de Ourense e de Ferrol. A primeira acumula 34 contaxios --un menos que a xornada anterior-- e dúas aulas pechadas --unha menos--.

E a de Ferrol ten unha clase inoperativa e conta con 11 contaxios de Covid, que supoñen un máis que o día pasado, en oito centros educativos desta área.

O colexio público CEIP Paradai, en Lugo / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press
O colexio público CEIP Paradai, en Lugo / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta