Detido un home que paseaba armado por Cee

Axentes da Garda Civil detiveron ao individuo que estaba baixo os efectos das drogas e alcohol.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2021 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

Axentes da Garda Civil detiveron a un home baixo os efectos do alcol e drogas tras pasearse armado na mañá deste venres pola localidade coruñesa de Cee.

Segundo informaron fontes da Benemérita, ás 7,00 horas deste venres recibíronse varias chamadas no Centro Complexo Operativo (COC) da Comandancia que alertaban da presenza no centro urbano da localidade dun individuo armado.

Tras iso, os operadores do COC alertaron ás patrullas da zona para a localización e detención desta persoa, que, no momento da detención, "presentaba síntomas evidentes de atopase baixo a influencia de bebidas alcohólicas e sustancias estupefacientes", destacaron as mesmas fontes, e non portaba ningún tipo de arma.

Despois da detención as patrullas actuantes realizaron un dispositivo de rastrexo e localizaron nas proximidades unha arma longa e unha arma curta, as cales foron recollidas para a súa análise pericial.

Garda Civil
Garda Civil | Fonte: Ministerio do Interior

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta