Condenados a dous anos de cárcere tres acusados de dar unha malleira a un mozo na Coruña

Agredírono con patadas e puñadas.

Por E.P. | A Coruña | 23/04/2021 | Actualizada ás 16:59

Comparte esta noticia

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a dous anos de cárcere a cada unha das tres persoas que, en xullo de 2016, agrediron con patadas e puñadas a un mozo co que, previamente, un dos acusados e outros individuos non identificados, tiveran unha discusión por un tropezón, informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en base ao contido do fallo.

Xulgados.
Xulgados.

Despois da disputa verbal na rúa Orzán, a vítima recibiu un golpe na cara e comezou a camiñar en dirección cara á praza de España ata que tivo que apoiarse nunha parede debido ao golpe recibido.

Nese momento, segundo consideran acreditado os xuíces, "de forma súbita", o mozo foi rodeado por un grupo de persoas, non todas elas identificadas, pero entre as que estaban o tres condenados, quen o golpearon ata que perdeu a consciencia e caeu ao chan, onde seguiron agredíndoo con patadas e puñadas na cabeza.

Un dos acusados impediu que outras persoas o axudasen. A vítima, á que quedaron secuelas, tardou en curar 45 días impeditivos, dos que tres estivo hospitalizada.

Ademais da pena de prisión, os condenados por un delito de lesións deberán indemnizar á vítima con 10.910 euros. O tribunal tivo en conta as atenuantes de dilacións indebidas e de reparación do dano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta