Os casos activos de covid-19 en centros educativos continúan en ascenso

Xa suman 590, o que implica 14 máis que a xornada anterior. Mentres as aulas inoperativas soben en tres, ata 28.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 24/04/2021 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

Os casos activos de covid-19 en centros educativos non universitarios mantéñense en ascenso e xa suman 590, o que implica 14 máis que a xornada anterior. Mentres as aulas inoperativas soben en tres ata 28, aínda que segue sen haber centros pechados pola incidencia do coronavirus.

Nenos acoden ao CEIP Paradai, en Lugo
Nenos acoden ao CEIP Paradai, en Lugo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Segundo o balance difundido este sábado polas consellerías de Educación e Política Social, por áreas sanitarias, os casos activos soben nas de Vigo (+8), A Coruña (+4), Ferrol (+4) e Lugo (+1). En cambio, as áreas de Pontevedra e Santiago mantéñense sen cambios e os infectados redúcense en Ourense (-3).

A área de Vigo segue como a máis afectada de Galicia, xa que rexistra 181 casos activos de coronavirus tras sumar oito máis e 14 aulas pechadas, o que supón un aumento de catro respecto da xornada anterior.

Séguelle a da Coruña, con 148 casos, catro máis, e dúas aulas pechadas, unha máis. 

Na área de Pontevedra mantéñense en 102 as infeccións activas e continúan catro aulas pechadas debido á covid-19. 

A área de Santiago tampouco experimenta cambios no número de casos, que se mantén en 71, aínda que pasan dunha a dúas as aulas pechadas. 

Na área de Lugo increméntanse os casos nun ata alcanzar os 42 e hai tres aulas pechadas, unha menos. 

Pola súa banda, as áreas de Ourense e de Ferrol mantéñense como as que presentan un menor número de casos. Así, a primeira acumula 31 contaxios, tres menos, e mantén en dous as aulas pechadas. Mentres, en Ferrol hai 15 persoas infectadas, catro máis, e unha aula inoperativa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta