O home que deambulou armado por Cee ingresa nun psiquiátrico

Quedou, tras o seu pase a disposición xudicial, en liberdade con cargos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 24/04/2021 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

O home detido este venres tras pasearse armado pola localidade coruñesa de Cee quedou, tras o seu pase a disposición xudicial, en liberdade con cargos e foi ingresado no Hospital Psiquiátrico de Oza. Diso informou a Garda Civil, quen comunicou na pasada xornada a detención do home.

Un home cun kalashnikov e unha pistola en Cee
Un home cun kalashnikov e unha pistola en Cee | Fonte: remitida.

Os feitos remóntanse ás 7,00 horas deste venres, cando se recibiron varias chamadas no Centro Complexo Operativo (COC) da Comandancia que alertaban da presenza no centro urbano da localidade dun individuo armado.

Tras iso, os operadores do COC alertaron ás patrullas da zona para a localización e detención desta persoa, que, no momento da detención, "presentaba síntomas evidentes de atopase baixo a influencia de bebidas alcohólicas e substancias estupefacientes", destacaron as mesmas fontes, e non portaba ningún tipo de arma.

Despois da detención as patrullas actuantes realizaron un dispositivo de rastrexo e localizaron nas proximidades unha arma longa e outra curta, as cales foron recollidas para a súa análise pericial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta