Temas: POLICíA LUGO

A Policía Científica investiga a aparición dunha caixa con sangue, candeas e flores en Lugo

Tratan de determinar se é de tipo humano ou animal.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 25/04/2021 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

Un veciño do barrio de Castro Gil, en Lugo, atopou na tarde do sábado unha caixa de cartón con candeas, coroas de flores e sangue que a Policía Científica xa analiza para, principalmente, determinar se é de orixe animal ou humano.

Laboratorio móbil da Policía Científica do Corpo Nacional de Policía
Laboratorio móbil da Policía Científica do Corpo Nacional de Policía | Fonte: Outisnn - Wikimedia.

Segundo informan a Europa Press fontes oficiais, o home localizou a caixa nunha zona próxima ao río e, cando a ía a tirar, decatouse de que contiña un anaco de tea con sangue, polo que decidiu polo en coñecemento da Policía Nacional.

Os axentes se personaron no lugar e tomaron as correspondentes mostras para investigar a orixe do sangue, se é animal ou humana. "Iso é o primeiro", insisten as mesmas fontes.

Ademais, sobre o motivo deste estraño achado, explican que serán estas mesmas probas as que axuden a determinar "se hai algo importante" detrás ou se, en cambio, se trata dalgún tipo de ritual ou quizá "unha broma".

Temas: POLICíA LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta