A Xunta convida aos concellos a deseñar o plan fronte á soidade non desexada

Galicia conta con 126.000 galegos de máis de 65 anos que viven sós.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2021 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a creación dunha mesa de traballo cos municipios galegos co fin de avanzar no deseño da Estratexia Galega de Atención á Soidade non Desexada, un foro para analizar as medidas en marcha a nivel local, explorar vías de colaboración entre administracións e deseñar xuntos "solucións novas".

O obxectivo, segundo trasladou o presidente galego, é que este documento "pioneiro" --reivindicou que será o primeiro destas características que se aprobe en España--, sexa aprobado entre xuño e xullo deste ano".

Así o ratificou na súa intervención aberta aos medios no marco da xornada de traballo sobre esta estratexia, na que participaron representantes das entidades implicadas e tamén a conselleira de Política Social, Fabiola García.

Galicia conta con 126.000 galegos de máis de 65 anos que viven sós, e o presidente incidiu en que é preciso unirse para crear "unha gran alianza contra a soidade". Entre outros potenciais aliados para loitar contra esta soidade non desexada situou ás entidades sociais ou ao pequeno comercio.

Feijóo e a conselleira de Política Social participan nunha xornada para deseñar a estratexia fronte á soidade non desexada. ANA VARELA/XUNTA / Europa Press
Feijóo e a conselleira de Política Social participan nunha xornada para deseñar a estratexia fronte á soidade non desexada. ANA VARELA/XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta