Dúas novas mortes con covid: unha muller de 67 anos e un home de 77

Elevan a 2.384 as vítimas da pandemia en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2021 | Actualizada ás 20:34

Comparte esta noticia

Outras dúas persoas diagnosticadas con covid-19 faleceron en Galicia, que suma xa 2.384 vítimas mortais desde a chegada da pandemia á comunidade a comezos de marzo de 2020.

Segundo trasladaron as autoridades sanitarias na tarde deste luns, as últimas dúas mortes vinculadas á pandemia producíronse na xornada do domingo.

Trátase dunha muller de 67 anos que se atopaba hospitalizada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e dun home de 77 anos ingresado no Álvaro Cunqueiro de Vigo. Ambos tiñan patoloxías previas.

Persoal sanitario atende un paciente de Covid-19 na UCI do hospital Povisa
Persoal sanitario atende un paciente de Covid-19 na UCI do hospital Povisa | Fonte: Miguel Riopa - Remitida por Povisa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta