Feijóo aos científicos do Programa de atracción de talento: "Desde xa se poñen a traballar ao servizo de Galicia"

Recibe ao primeiros seis científicos deste programa que chegan de fóra de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2021 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibiu este martes aos seis primeiros científicos que se incorporan aos centros de investigación universitaria de Galicia procedentes doutros países e doutras comunidades, e que están contratados ao amparo do Programa de atracción e retención de talento da Consellería de Cultura, Educación e universidade.

Acompañado do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, Feijóo deulles a benvida aos seis científicos que "desde xa se poñen a traballar ao servizo de Galicia e do conxunto da sociedade". 
"Todos eles son investigadores cunha importante traxectoria profesional nos seus respectivos ámbitos, que agora van desenvolver o seu labor desde os centros de investigación punteiros que temos na nosa Comunidade", abundou o presidente da Xunta, antes de destacar a importancia do labor científico que "se puxo de manifesto, aínda máis se cabe, no actual momento de pandemia".

A Xunta lanzou por primeira vez o ano pasado o Programa de captación e retención do talento investigador, dotado con 5 millóns de euros, co obxectivo de incorporar 15 científicos destacados (10 na modalidade de atracción e cinco na de retención) ao seu oito centros de investigación punteiros.

Ademais dos cinco de retención, nestes momentos están xa traballando nestes centros seis científicos (a razón de dpis por universidade) da modalidade de atracción, mentres que o catro restantes desta modalidade que xa están seleccionados, dispoñen de catro meses para a súa incorporación.

DOUS POR CADA UNIVERSIDADE

Así pois, na Universidade da Coruña (UDC) incorporáronse ao Centro de Investigacións Científicas Avanzadas-Instituto de Investigación Biomédicas da Coruña (CICA-Inibic) un investigador especialista en ciencias da terra e hidrología de chans en sistemas agrícolas e forestais procedente da Universidade Wageningen dos Países Baixos, e outro especialista en nanobiotecnología do Centro de Investigación en Biomateriales de San Sebastián e especializado en nanotecnoloxía de carbono e grafenos.

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) conta cun especialista en Física nuclear de altas enerxías pola Universidade de Pequín e procedente da Organización Europa para a investigación nuclear (CERN) que está incorporado ao IGFAE (Instituto Galego de Físicas de Altas Enerxías) e outro procedente do Instituto Catalán de Investigación Científica (ICIQ) que se incorpora ao CIQUS (Centro Singular de Investigación Química Biolóxica e Materiais Moleculares).

Pola súa banda, a Universidade de Vigo (UVigo) incorpora ao CINBIO (Centro de Investigación Biomédica) unha especialista química procedente da Universidade de Zúric, e outro científico procedente da Universidade de Bristol, especialista en economía circular, que se incorpora a ECOBAS (Economics and Bussiness Administración for Society).

O presidente da Xunta e o conselleiro de Educación reciben ao seis primeiros científicos do Programa de captación de talento. DAVID CABEZÓN/XUNTA / Europa Press
O presidente da Xunta e o conselleiro de Educación reciben ao seis primeiros científicos do Programa de captación de talento. DAVID CABEZÓN/XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta