A casa de mulleres Xohana Torres de Santiago reabrirá o venres tras un ano pechada pola pandemia

A asociación atenderá presencialmente os xoves e venres e desenvolverá diferentes actividades formativas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2021 | Actualizada ás 15:22

Comparte esta noticia

A casa de mulleres Xohana Torres de Santiago de Compostela reabrirá o venres 30 de abril tras un ano pechada pola pandemia de covid-19 para "atender presencialmente a todos os colectivos feministas do municipio e a toda aquela persoa que, a título individual, necesite apoio ou formación".

Así o anunciou este martes en rolda de prensa a coordinadora do grupo de traballo da Casa, Eva Garabal, que estivo acompañada en rolda de prensa pola concelleira de Acción Cultural de Santiago, Mercedes Rosón.

"Esta é unha nova etapa para a Casa Xohana Torres, pero cos mesmos obxectivos marcados en 2017, cando se inaugurou: ser un lugar de encontro e de debate para avanzar na igualdade efectiva entre homes e mulleres", destacou Rosón.

A asociación, que forma parte da Estratexia para o Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (Edusi), está cofinanciada polos fondos europeos FEDER e, tal e como informou a concelleira, beneficiarase da reanualización do servizo que coordina o funcionamento do espazo aprobada pola xunta de goberno este luns, así como de tres contratos novos, dous relacionados coa formación.

"Todos isto nos permitirá dotar á casa de máis dinamismo, persoal técnico, máis actividades de formación e así converter o espazo en punto de encontro para todas as asociacións que traballan en Compostela e para toda a cidadanía en xeral", explicou a concelleira de Acción Cultural.

A concelleira de Santiago  Mercedes Rosón na presentación da reapertura da Casa de mulleres Xohana Torres. CONCELLO DE SANTIAGO
A concelleira de Santiago Mercedes Rosón na presentación da reapertura da Casa de mulleres Xohana Torres. CONCELLO DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta