Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/04/2021 | Actualizada ás 15:17
Os xornalista de guerra David Beriain e Roberto Fraile foron asasinados tras ser atacados o luns no leste de Burkina Faso, segundo informou este martes a ministra de Exteriores, Arancha González Laya.
"Sobre as tres da tarde (deste luns) perdeuse o contacto con eles. D. B.A e R. F. F. estaban a traballar nun documental sobre os operativos de Burkina Faso contra caza furtiva. É unha zona perigosa por ser zona conflitiva", explicou a ministra de Asuntos Exteriores, Arancha González Laya, que dixo que a información é confusa e que están en contacto permanente.
Nestes últimos momentos, tras entrar en contacto con autoridades e famlias, se confirmaria que os cadaveres atopados corresponderíanse cos dous xornalistas. Estamos á espera dunha ultima confirmacion", engadiu.
O suceso ocorreu na zona de Pama, onde individuos armados emboscaron a unha patrulla de efectivos burkineses contra a caza furtiva, na que ían encaixados os dous xornalistas xornalistas e outro irlandés. Unha fonte militar informou a EFE que os xornalistas foran secuestrados.
"Tres xornalistas, entre eles dous españois e un irlandés, foron secuestrados. Os secuestradores lograron levar equipo militar. Están en marcha operacións de procura", declarou a EFE unha fonte militar tras o ataque. Os secuestrados escondéronse nun bosque da zona. Segundo medios locais, que citan a fontes de seguridade, o suceso saldouse tamén con tres feridos e a desaparición dun membro das forzas de seguridade burkinesas.
Aínda que se descoñece, de momento, a autoría deste acto violento, Burkina Faso sofre ataques yihadistas desde abril de 2015, cando membros dun grupo afiliado a Al Qaeda.
Os actos terroristas atribúense con frecuencia ao grupo local burkinés Ansarul Islam, á coalición yihadista do Sahel Grupo de Apoio ao Islam e os Musulmáns ( GSIM) e ao Estado Islámico no Gran Sahara ( EIGS), que atacan tamén en Mali e Níxer.
David Beriain traballou durante seis anos en La Voz de Galicia, na sección de Internacional e foi enviado especial deste xornal na segunda guerra de Iraq e en Afganistán. Tamén foi documentalista. O seu traballo Percebeiros foi seleccionado como finalista nos premios Goya.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.