Detida en Cambre por subtraer bens da vivenda dunha dependente á que coidaba

A muller roubara mobles, xoias e diñeiro aproveitando que tiña as chaves da casa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2021 | Actualizada ás 10:22

Comparte esta noticia

A área de Investigación da Garda Civil do Posto Principal de Cambre detivo a unha veciña desta localidade como presunta autora dun delito de furto por subtraer mobles, xoias e diñeiro da vivenda dunha dependente á que coidaba.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos ocorreron por mor da denuncia interposta por unha familiar da vítima, ao ser esta dependente e atopase actualmente ingresada nunha residencia.

Nela comunicou que foran subtraídos da vivenda desta persoa "gran cantidade de mobles, xoias e diñeiro en metálico", indicou a Benemérita, e a denunciante sospeitaba que posiblemente a autoría correspondese á persoa que realizaba os labores do fogar e o coidado e aseo da vítima.

Por iso, a Garda Civil iniciou unha investigación para constatar a veracidade dos feitos, no transcurso da cal obtivo evidencias que relacionaban á detida co delito. Así, pescudaron os axentes que a presunta autora aproveitou que dispuña das chaves do domicilio polo seu traballo para a substracción dos efectos denunciados.

A Garda Civil procedeu, por tanto, á detención desta muller como presunta autora dun delito de furto. Foi posta, xunto coas actuacións realizadas, a disposición do xulgado de Instrución de garda da Coruña.

Detidas por tentar roubar nunha vivenda na que se atopaba a súa propietaria.. POLICÍA NACIONAL
Detidas por tentar roubar nunha vivenda na que se atopaba a súa propietaria.. POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta