Sanidade ampliará de dous a sete días o rastrexo de contactos de positivos covid-19 tralo aumento de novos contaxios

A medida chega tralas numerosas denuncias contra as "deficiencias" do sistema de rastrexo autonómico.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/04/2021 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

Galicia ampliará de dous ao sete días o rastrexo de contactos cando se detecte un caso positivo de coronavirus e incluirá como tal ás persoas participantes en reunións con afluencia aínda que levasen posta a máscara. A medida da Xunta chega despois de que numersos expertos destacaran a importancia dun sistema de detección áxil, das numersoas denuncias contra as "deficiencias" da xestión autonómica e, en última instancia, dun aumento sostido dos novos contaxios nas últimas semanas.

Dúas sanitarias preparan probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo).. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Dúas sanitarias preparan probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo).. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Segundo anunciou a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, tras a reunión semanal do comité clínico, os expertos decidiron ampliar o período para considerar a unha persoa 'contacto' dun caso positivo. Actualmente, o rastrexo faise remontándose aos que tiveron contacto con el nos dous días anteriores á proba positiva ou o inicio dos síntomas.

Con todo, de forma piloto para coñecer a súa eficacia, as autoridades galegas remontaranse agora ata sete días, co obxectivo de aumentar as posibilidades de detectar precozmente casos. Do mesmo xeito, terase en conta a participación dos afectados en encontros masivos ou reunións familiares, a quen se poderá considerar contactos estreitos aínda que levasen posta a máscara.

"Cando alguén dea positivo, estudaremos que contactos tivo, desde que se lle illou ou tivo síntomas, sete días antes", dixo Carmen Durán, que engadiu que se ampliará o concepto de contacto e tomarase especial atención a lugares concretos, como "unha reunión familiar", a restauración ou o ámbito laboral, onde se dá unha grande afluencia de persoas. A elas, incluiráselles con independencia de que utilizasen máscara.

De feito, a directora xeral aclarou que o sistema se iniciará de forma piloto en "zonas moi concretas" de afluencia, como a hostalaría ou as contornas laborais, onde tamén se producen momentos sen máscara en áreas como os comedores colectivos. En todo caso, apuntou, están enriba da mesa "todas as posibilidades", como incluír tamén aos centros educativos.

Tras esta pilotaxe, a intención de Sanidade é ampliar este sistema a "toda" Galicia. Polo momento, están "a porse a punto" os sistemas de información para inicialo nun período de entre 7 e 10 días.

AMPLIACIÓN DA CORENTENA

Outro dos elementos enriba da mesa desde hai semanas é a posibilidade de aumentar a corentena obrigatoria dos afectados dos 10 días actuais ata os 14, sobre todo dada a influencia da variante británica.

Sobre esta cuestión, o conselleiro de Sanidade explicou que está a debate, pero que "aínda non hai unha decisión tomada" a nivel estatal. Así, lembrou que esta cuestión vai "máis aló" da competencia da autonomía e que o Goberno central busca a "evidencia científica" para tomar esta decisión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta