As residencias galegas suman case dúas semanas sen contaxios pola eficacia das vacinas

Continúan sen casos dende o pasado 26 de abril.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2021 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

As residencias de Galicia continúan sen casos de Covid-19 nin entre usuarios nin entre o seu persoal, unha situación que se mantén desde o pasado 16 de abril e que sucede por segunda vez na pandemia tras estar sen casos positivos varios días en xullo do pasado ano. Segundo os datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade, non hai ningún caso nin entre usuarios nin traballadores en residencias de maiores nin en centros de discapacidade.

Esta situación mantense despois de que, durante a terceira onda do coronavirus, as residencias galegas rexistrasen un pico de 466 usuarios infectados. Isto ocorreu o 24 de xaneiro, un día antes de cumprirse os sete días necesarios desde a administración da segunda dose da vacina para xerar inmunidade, dado que este proceso arrincou de forma xeneralizada o 18 de xaneiro.

Tres mulleres diríxense á residencia xeriátrica das Gándaras, a 17 de abril de 2021, en Lugo.. Carlos Castro - Europa Press
Tres mulleres diríxense á residencia xeriátrica das Gándaras, a 17 de abril de 2021, en Lugo.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Desde o día 25, e aínda a pesar dalgúns brotes, as residencias de maiores galegas veñen experimentando un progresivo descenso na cifra de usuarios afectados. Así, o 27 de xaneiro, un mes despois do inicio da vacinación na Comunidade galega, eran 445 os usuarios positivos, mentres que o 27 de febreiro a cifra situábase nos 50. Na actualidade, desde o venres 16 de abril, que recibiu o alta o último traballador contaxiado, non hai positivos nin entre usuarios nin entre o persoal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta