Araújo asegura que "todos os que tiñan intereses persoais" están fóra de Ciudadanos Ourense

Por E.P. | Ourense | 28/04/2021 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

O novo coordinador provincial de Ciudadanos en Ourense, Pepe Araújo, asegurou que "todos os que tiñan intereses persoais" están agora fóra da organización laranxa e que agora quedan na formación os que queren "un Ourense mellor".

O portavoz de Ciudadanos Ourense, José Araújo, ofrece declaracións aos medios
O portavoz de Ciudadanos Ourense, José Araújo, ofrece declaracións aos medios | Fonte: Europa Press.

O portavoz municipal do partido laranxa, designado recentemente como membro do Comité Autonómico galego, sinalou que asume o reto de liderar Cs Ourense "con moita ilusión" e consciente de que "a moderación é máis necesaria que nunca".

Araújo sostén que "a situación de bloqueo" que atravesa o Concello de Ourense demostra "que tanto PP como PSOE non son útiles" nin á cidade nin unha provincia que, di, "leva anos marxinada".

"Todos os que tiñan intereses persoais e non tiñan convicción neste proxecto marcharon, agora estamos os que por enriba de todo cremos nun Ourense mellor", incidiu o coordinador laranxa en Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta