Temas: MULLER IGUALDADE

Igualdade laboral e concienciación da sociedade, eixos do Plan da Xunta

Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/04/2021 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

A igualdade laboral e a concienciación de toda a sociedade serán os eixos do VIII Plan de Igualdade de Oportunidades da Xunta, tal e como avanzou este mércores a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana.

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausura unha xornada telemática
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausura unha xornada telemática | Fonte: Conchi Paz - Xunta de Galicia.

En resposta a unha pregunta formulada pola deputada do PPdeG Paula Prado na Cámara galega, a conselleira dixo que esta igualdade laboral incidirá na formación das mulleres como clave para alcanzala, a discriminación positiva no autoemprego e os incentivos á contratación das mulleres.

Ademais, o segundo alicerce básico deste documento será a educación, a concienciación e a sensibilización de toda a sociedade e, en particular, dos nenos e nenas en materia de igualdade.

Temas: MULLER IGUALDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta