As citas presenciais en Atención Primaria alcanzan o 50% nalgúns centros

A Xunta fíxase como obxectivo que o 60 por cento das citas sexan presenciais este 2021.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/04/2021 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

As citas presenciais en atención primaria sitúanse, nalgúns centros de saúde, no 50 por cento, 20 puntos máis das que eran en setembro de 2020 segundo os datos achegados entón polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no Parlamento de Galicia. Precisamente, este mércores na sesión plenaria, o titular da Administración sanitaria autonómica asegurou que a Xunta se fixou como obxectivo que o 60 por cento das citas sexan presenciais este 2021.

Consulta nun centro de atención primaria do Sergas
Consulta nun centro de atención primaria do Sergas | Fonte: Xunta de Galicia.

O doutor Xosé Luís Muiño, médico de atención primaria, quen apelou no seu discurso a acudir aos centros de saúde cando sexa necesario.

Ademais, foi el quen indicou que o "50 por cento" das citas neste nivel asistencial son presenciais. Pouco despois, na Cámara galega, o conselleiro de Sanidade informou de que o Sergas traballa para alcanzar o 60 por cento de presencialidade nas citas.

O doutor Muiño, médico de atención primaria en Ourense, manifestou que Galicia "está a ver a luz ao final do túnel" e atribuíuno tanto ao comportamento como ás vacinas, sobre o cal destacou a "grandísima capacidade" da Comunidade galega para administrar as doses que chegan.

En todo caso, advertiu de que o feito de "ver a luz ao final do túnel", non debe "facer baixar a garda" aos galegos. "Hai que seguir mantendo a distancia, a hixiene de mans, a prudencia e a ventilación cando estamos en lugares pechados", aseverou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta