Santiago repartirá 300.000€ en bonos para fomentar as compras na cidade

A partida vén incluída nos case 2'5 millóns de euros de remanentes aprobados este xoves.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2021 | Actualizada ás 12:31

Comparte esta noticia

O pleno ordinario de Santiago de Compostela deste 29 de abril aprobou, cos votos a favor de PSOE, Compostela Aberta e PP e a abstención do BNG, a repartición de remanentes do ano pasado, o que permitirá articular a orde de axudas a sectores afectados pola pandemia de covid-19.

Finalmente, a proposta do Goberno local contou co visto e prace tanto de Compostela Aberta como do PP, mentres que o BNG non se opuxo para facilitar que se tramiten canto antes as subvencións comprometidas. Con todo, a oposición afeou o "atraso" na tramitación destes remanentes, así como as axudas, que consideran "insuficientes" para a situación actual.

Segundo o documento aprobado en Xunta de Goberno e levado este xoves a pleno local, os 2.458.929,07 euros do remanente do ano pasado destinaríanse en algo máis dun millón para axudas a comercio e hostalaría, 300.000 euros para bonos compra e 150.000 para actividades de promoción comercial. A estas cantidades, ademais doutros epígrafes de 2021, habería que engadir o millón de euros da Deputación da Coruña para axudas tanto a sector comercial como hostaleiro e as contías do remanente de 2019, cos apoios ao sector cultura.

En total, un montante por encima dos cinco millóns de euros que este xoves o alcalde volveu a reivindicar como o máis cuantioso das cidades galegas. "O goberno local pode ser que o faga mal, pero faino infinitamente mellor que os demais", sentenciou.

Terrazas en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia, a 27 de febreiro de 2021.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Terrazas en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia, a 27 de febreiro de 2021.. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta