Pontón ve a Feijóo como "máximo responsable" do "desgoberno" de Ourense

"É evidente é que para Feijóo son máis importantes os seus intereses partidistas que o futuro da cidade de Ourense", censurou.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2021 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou que o líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, é o "máximo responsable" da situación "preocupante" que atravesa o Concello de Ourense. "Dixemos por activa e por pasiva que é inadmisible que a terceira cidade deste país estea nunha situación de desgoberno pola responsabilidade do Partido Popular, que é quen apoiou a Jácome como alcalde, é parte do problema e non quere ser parte da solución", afirmou.

Pontón sostivo que se o marco legal fose outro, na actualidade a súa formación estaría a pedir a convocatoria de eleccións "porque sería a única saída". Con todo, lembrou que no ámbito dos municipios "isto non se permite" polo que incidiu que a "única solución" sería que todos os grupos que din que Jácome non pode estar na alcaldía presenten unha moción de censura e que "goberne a lista máis votada".

"O que é evidente é que para Feijóo son máis importantes os seus intereses partidistas que o futuro da cidade de Ourense, e que non lle importa que no medio da maior crise vivida en tempos de paz, esta cidade non teña goberno", afirmou. Pontón considerou que a situación é "un signo máis da irresponsabilidade" do Partido Popular e Feijóo, "máximo responsable de que neste momento a terceira cidade de Galicia non teña goberno e teña unha situación que é preocupante".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, tras a reunión na cidade das Burgas
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, tras a reunión na cidade das Burgas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta