A Xunta prevé administrar 240.000 doses a próxima semana e comezar a vacinación da poboación de 65 a 69 anos

Feijóo matiza que se poderá manter esa planificación sempre que o Goberno central cumpra co envío do número de vacinas "comprometidas".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/04/2021 | Actualizada ás 16:03

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núnez Feijóo, avanzou na súa comparecencia posterior á reunión semanal do seu Executivo que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) empezará a vacinar contra a covid-19 a próxima semana á poboación de entre 65 e 69 anos.

Vacinación cotra a covid-19 no Hospital Marítimo de Oza
Vacinación cotra a covid-19 no Hospital Marítimo de Oza | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

Tamén a próxima semana, anticipou que o obxectivo que se fixa a Administración galega é alcanzar as 240.000 doses administradas, aínda que matizou que se poderá manter esa planificación sempre que o Goberno central cumpra co envío do número de vacinas "comprometidas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta