Temas: XUNTA TSXG

O TSXG falla contra a Xunta e declara indefinida unha técnica interina do Parque Nacional Illas Altánticas

O Alto tribunal galego desestima o recurso da Consellería de Medio Ambiente.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/04/2021 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) recoñeceu como persoal indefinido unha técnica-guía do Parque Nacional Illas Atlánticas que se atopaba nese posto desde setembro de 2003 baixo a modalidade de interina por vacante.

Pazo de Xustiza na Coruña, sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Pazo de Xustiza na Coruña, sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia | Fonte: Caronium en Wikipedia.

Deste xeito, nunha sentenza datada a 7 de abril, o Alto tribunal galego coincide na súa decisión coa adoptada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo e, por tanto, desestima o recurso presentado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Administración autonómica.

Na súa resolución, que pode ser recorrida ante o Supremo pola Xunta, o TSXG lembra que o Tribunal de Xustiza da UE decretou, nun fallo emitido en marzo de 2020, que a dilación no tempo da cobertura de vacantes debe considerarse fraudulenta se non se provén "en prazos razoables" convocatorias públicas para esas prazas.

Por tanto, sentencia que a relación laboral debe ser considerada "fraudulenta" se o traballador ten un contrato de carácter temporal pero ocupa o mesmo posto de traballo "de modo ininterrompido durante varios" exercendo de forma continuada "as mesmas funcións".

Todo isto, continúa o tribunal, sempre que o mantemento no mesmo posto de traballo do empregado público interino se deba "ao incumprimento por parte do empregador da súa obriga legal de organizar un proceso selectivo ao obxecto de prover definitivamente a praza vacante".

Temas: XUNTA TSXG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta