O Indicador Abanca-Fondo de Coxuntura Económica indica que o PIB galego sufriu unha caída do 4,4% en febreiro

A matriculación de vehículos é a variable que experimenta un mellor comportamento en febreiro, cunha taxa de crecemento superior ao 80%.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2021 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia sufriu unha caída do 4,4% en comparación co mesmo mes de 2020, segundo o Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia.

Nun comunicado, apunta a unha "estabilidade da actividade económica galega" no comezo do ano, nun retroceso interanual que foi do 4,7% en xaneiro, o cal se suaviza lixeiramente en febreiro.

A matriculación de vehículos é a variable que experimenta un mellor comportamento en febreiro, cunha taxa de crecemento superior ao 80%. En cambio, o sector turístico e o consumo de combustibles rexistran os maiores descensos.

O Foro Económico achaca o empeoramento da economía no comezo do ano ás restricións da terceiro onda, mentres avisa de que a pandemia provoca que se poidan ver grandes oscilacións en próximos meses.

Oficina de Abanca. ABANCA - Arquivo
Oficina de Abanca. ABANCA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta