Condenan a dous anos a un home por abuso sexual, que elude o cárcere condicionado a seguir un programa educativo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2021 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

Un acusado de abuso sexual foi condenado a dous anos de cárcere e cinco de liberdade vixiada, unha pena que aceptou no xuízo celebrado na mañá deste venres e na que se lle tivo en conta unha atenuante de "reparación do dano".

O tribunal impúxolle a prohibición de comunicarse coa vítima e de aproximarse a ela a menos de 100 metros durante cinco anos, así como deberá indemnizala con 1.500 euros.

Fontes xudiciais explicaron que a pena de prisión suspéndese durante dous anos, condicionada ao seguimento dun programa educativo, que non delinca e a que cumpra o afastamento.

No seu escrito de acusación, a Fiscalía pedía nove anos de prisión por uns feitos que se remontan ao ano 2019, cando o home e a vítima concertaron unha cita para, segundo recolle o documento, "manter relacións sexuais". O escrito apunta que a muller indicou ao acusado, antes da cita, que só serían "relacións sexuais vaxinais" pero durante o acto "el aproveitouse da súa posición para penetrala analmente, a pesar da oposición da vítima".

Xuízo
Xuízo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta