Galicia recibirá 1.521.993 euros da repartición de fondos europeos para dixitalización da Xustiza

Por E.P. | Santiago de Compostela | 30/04/2021 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

O Ministerio de Xustiza e as doce comunidades autónomas con competencias transferidas na materia acordaron este venres por unanimidade a repartición dos máis de 20 millóns de euros dos fondos europeos asignados a implantar infraestruturas dixitais que sexan interoperables na administración de xustiza. Galicia recibirá 1.521.993 euros.

Xustiza e estas doce comunidades fixaron os criterios de distribución e a cantidade correspondente a cada comunidade autónoma do crédito asignado para 2021 polo Mecanismo de Recuperación e Resiliencia ao Ministerio, un total de 20.604.610 euros.

O diñeiro dedicarase ao 'Proxecto 0' do programa Xustiza 2030, cuxo obxectivo é "acometer unha implantación coordinada de infraestruturas dixitais homoxéneas e interoperables (hardware, licenzas, servidores, espazo de almacenamento, bases de datos) en todo o territorio do Estado", segundo informou o Ministerio.

Para iso, contémplase a posta en marcha de catro medidas: a inmediación dixital, o posto de traballo deslocalizado, a cita previa para a atención cidadá e a ciberseguridade.

Feijóo e Conde participan nun webinario sobre dixitalización
Feijóo e Conde participan nun webinario sobre dixitalización | Fonte: Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta