Temas: IMPOSTOS

O ano da pandemia supuxo un aumento da recadación tributaria en Galicia polo incremento dos impostos directos

Aumentaron un 4,5% no ano 2020.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/04/2021 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

Os ingresos tributarios de Galicia subiron un 4,5% o ano 2020, o do estalido da pandemia da covid, ao obter máis en concepto de impostos directos, segundo a información que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Billetes de diñeiro
Billetes de diñeiro | Fonte: Europa Press.

En concreto, os ingresos por impostos directos en Galicia pasaron de 2.485,82 millóns de euros en 2019 a 2.777,43 millóns de euros en 2020.

O recadado procedente de impostos indirectos, mentres, mantívose practicamente sen variación o ano pasado respecto ao exercicio anterior: de 3.400,62 millóns a 3.400,39 millóns.

Pola súa banda, as taxas e outros ingresos achegaron ás arcas públicas galegas 170,75 millóns de euros en 2020, cantidade inferior aos 189,3 millóns de 2019.

Así, en suma, os ingresos tributarios da comunidade galega experimentaron un incremento do 4,49%, ata situar o total en 6.348,57 millóns de euros.

Temas: IMPOSTOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta