Traballadores da refinaría de Repsol manteñen as protestas

Proseguen as negociacións coa empresa tras o ERTE para 212 empregados.

Por E.P. | A Coruña | 30/04/2021 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

Traballadores da refinaría da Coruña secundaron este venres unha nova xornada de protestas mentres proseguen as negociacións coa empresa tras o expediente de regulación de emprego temporal (ERTE) para 212 empregados.

Traballadores da refinaría da Coruña mobilízanse contra o ERTE
Traballadores da refinaría da Coruña mobilízanse contra o ERTE | Fonte: CIG.

Segundo informa o comité, este xoves tivo lugar a cuarta reunión da mesa negociadora do ERTE. Nela, sinala, a comisión representativa dos traballadores "mantivo a demanda feita a Repsol desde o primeiro momento para que este ERTE sexa retirado".

Tamén afirma que trasladou á empresa que a situación de seguridade na que quedan as plantas e os traballadores deste centro "non é as suficiente nin negociable de ningún xeito".

No encontro, acordouse un adiamento do período de consultas, que acababa este venres, durante unha semana e convocouse unha reunión para o 4 de maio.

Ademais, nesta xornada, o persoal da refinaría volveu realizar un corte de tráfico na carretra de Bens, coa convocatoria dunha posterior concentración ás portas do centro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta