A Xunta votou en contra de atrasar un mes a decisión sobre a segunda dose de AstraZeneca

A Xunta xustifica a súa postura, baseándose "na evidencia científica, na ficha técnica da vacina e no posicionamento da Axencia Europea do Medicamento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/05/2021 | Actualizada ás 00:10

Comparte esta noticia

A Xunta defendeu este venres no marco da Comisión de Saúde Pública a postura de administrar a segunda dose da vacina de AstraZeneca e, así, completar a pauta completa ás doce semanas.

Nun comunicado remitido aos medios na tarde noite do venres, despois de coñecerse a decisión do Ministerio de Sanidade de demorar catro semanas máis sobre a segunda dose de AstraZeneca, a Administración galega reiterou a súa opinión, tamén expresada polo seu titular, Alberto Núñez Feijóo.

Así, Sanidade informa que votou en contra da resolución finalmente adoptada no seo da Comisión de Saúde Pública, onde están representadas comunidades autónomas e Administración central.

A Xunta xustifica a súa postura, baseándose "na evidencia científica, na ficha técnica da vacina e no posicionamento da Axencia Europea do Medicamento". Sanidade lembra que unhas 60.000 persoas menores de 55 anos están pendentes de recibir a segunda dose de Astrazeneca.

Neste sentido, a Xunta asegura que previra "vacinar tamén a semana que ven aos grupos esenciais, pero o Ministerio de Sanidade opta na estratexia por terminar primeiro cos grupos etarios".

Un viario coa vacina de AstraZeneca, nun dispositivo de vacinación masiva fronte ao Covid-19
Un viario coa vacina de AstraZeneca, nun dispositivo de vacinación masiva fronte ao Covid-19 | Fonte: Juan Manuel Serrano Arce - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta