Pequeno respiro na loita contra a Covid: Galicia baixa dos 200 novos contaxios nun día

A taxa de positividade marcou un dos mínimos desde o verán nunha xornada con máis de 9.000 probas PCR practicadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/05/2021 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

Os datos da pandemia en Galicia este sábado mantéñense nos valores rexistrados na última semana, con lixeiros descensos tanto no número de novos contaxios detectados (191), como no total de persoas hospitalizadas (210, catro menos) e no global de casos activos (3.099, 14 menos); aínda que a nota negativa é que hai un paciente máis que na xornada anterior na UCI (50) e o número de vítimas mortais alcanza xa as 2.390.

Así se desprende da actualización dos parámetros da crise sanitaria publicados na páxina web do Sergas na mañá deste sábado con datos solicitados ata as 18,00 horas do venres, momento no que o total de hospitalizados con covid-19 ascendía a 210 (-4), repartidos entre a UCI --50, máis un-- e as unidades convencionais --160, menos cinco--.

Por áreas sanitarias, A Coruña-Cee continúa como o distrito con máis hospitalizados con 67 (-2) e soben a 13 os ingresados en UCI (+1) mentres baixan a 54 os que de unidades convencionais (-3). Séguelle Vigo, con 41 (-1), repartidos en 12 en UCI (+1) e 29 noutras unidades (sen cambios).

Tras os distritos das dúas grandes cidades está Ourense, cun total de 26 (-3), dos cales 10 atópanse en UCI (-1) e 16 noutras unidades (-2); seguida por Pontevedra-Salnés cun total de 25 (+2) --20 en planta (+1) e cinco en críticos (+1)-- e Santiago-Barbanza, que suma 23 ingresados, 4 en críticos e 19 en planta.

Por último, a área con menos ingresados continúan sendo a de Lugo, que mantén a 19 pacientes con covid hospitalizados --15 en planta e catro en UCI, sen cambios en ambos-- e Ferrol, onde baixan a nove, dous deles en críticos e o sete restantes noutras unidades.

MENOS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos, Galicia mantén a baixada do número total experimentada o venres tras varias xornadas de ascenso paulatino. Así, este sábado son 14 menos os casos activos na comunidade, que se sitúan en 3.099.

Por áreas sanitarias, experimentan lixeiros repuntes as de Vigo (+6), Ferrol (+5), Lugo (+3) e Pontevedra (+3), mentres baixan en Santiago (-4), Ourense (-4) e, de forma máis pronunciada, na Coruña (-23).

A de Vigo mantense á cabeza con 939; seguida da da Coruña e Cee, con 721; Pontevedra e O Salnés, con 477; Santiago e Barbanza, con 355; Ourense, con 267; Lugo, con 239; e á cola continúa Ferrol, con 102.

MENOS DE 200 CONTAXIOS

Pola súa banda, os novos contaxios detectados con calquera tipo de proba situáronse por baixo dos 200 tras dous días por encima dese valor.  A área que máis novos contaxios achegou nas últimas horas foi da Vigo con 41 novos casos, seguida pola Coruña con 33, Pontevedra con 30, Santiago con 23 e Ourense con 19. En Lugo foron 18 os novos casos detectados e en Ferrol, 11.

Todo iso nunha xornada cunha das taxas de positividade en probas PCR máis baixas desde finais do mes de xullo. O 1,1% (dato provisional) de positivos nos máis de 9.000 test PCR practicados mantén a Galicia moi por baixo do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia, un baremo que a Comunidade galega non supera desde medidados de febreiro.

Cribado realizado nun municipio / Concello de Abegondo / Europa Press
Cribado realizado nun municipio / Concello de Abegondo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta