Gonzalo Caballero reivindica os dereitos dos traballadores para saír da crise "sen exclusión nin ruptura social"

Por E.P. | VIGO | 01/05/2021 | Actualizada ás 17:35

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, reivindicou, neste 1 de maio, a defensa dos dereitos dos traballadores e unha saída da crise "sen exclusión" nin "ruptura social".

Así o trasladou, en declaracións aos medios, antes de participar na manifestación convocada en Vigo polos sindicatos UGT e CC.OO. con motivo do Día Internacional dos Traballadores.

Segundo sinalou, os socialistas galegos súmanse un ano máis á celebración desta xornada "en defensa do emprego de calidade, da igualdade e dos dereitos dos traballadores". "Nun ano moi complexo polo Covid, hai que reclamar eses dereitos, para non saír desta crise cun nivel de exclusión e de ruptura social que non debe ser admitido", proclamou.

Caballero lembrou que hai "un goberno de progreso" en España, que "aplica políticas en defensa da igualdade e para facer un escudo de protección social", pero advertiu de que "hai que seguir avanzado".

Respecto diso, incidiu en que hai que defender os dereitos dos traballadores "máis que nunca", especialmente das mulleres, que sempre saen das crises "máis atrasadas", ou dos mozos, "que non ven un futuro", para superar a actual situación "cun país máis igualitario, no que ninguén quede atrás".

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, cos líderes de UXT e CCOO en Galicia, José Antonio Gómez e Ramón Sarmiento, antes de participar na manifestación do 1 de maio de 2021 en Vigo.. PSDEG-PSOE
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, cos líderes de UXT e CCOO en Galicia, José Antonio Gómez e Ramón Sarmiento, antes de participar na manifestación do 1 de maio de 2021 en Vigo.. PSDEG-PSOE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta