Os gandeiros galegos recibirán 17 millóns de euros en anticipos da PAC durante maio

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/05/2021 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

Os gandeiros galegos recibirán ao longo do mes de maio un total de 17 millóns de euros en anticipos das axudas directas da Política Agraria Común (PAC).

Estes anticipos serán canalizados a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), entidade ligada á Consellería do Medio Rural, que asume a totalidade dos adiantos no pago das subvencións a 24.000 agricultores e gandeiros de Galicia.

Deste xeito, os primeiros pagos, que ascenden a 9 millóns de euros, realizaranse a próxima semana e corresponderán ás axudas a gandeiros de vacas nutrices (1,2 millóns de euros), vacún de leite (3,8 millóns de euros), vacún de cebo (3,5 millóns de euros) e para as de ovino e caprino (400.000 euros).

Máis tarde, será a quenda dos anticipos ás axudas de pago básico (5,2 millóns de euros) e de pago verde (2,7 millóns de euros), así como as relativas aos agricultores mozos (450.000 euros) e pequenos agricultores (27.000 euros); que suman un total de 8,4 millóns de euros.

O departamento que encabeza o conselleiro do Medio Rural, José González, lembra que o prazo para solicitar as axudas a pagos directos foi ampliado ata o 15 de maio.

José González acode ao consello consultivo da PAC en Ministerio de Agricultura. XUNTA
José González acode ao consello consultivo da PAC en Ministerio de Agricultura. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta