A Fiscalía pide 12 anos de prisión para un acusado de abusar sexualmente da filla da súa parella

Tamén solicita penas que suman 19 anos de prisión para un home acusado de maltratar habitualmente a súa ex parella.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2021 | Actualizada ás 16:13

Comparte esta noticia

A Fiscalía pide 12 anos de prisión para un acusado de abusar sexualmente da filla da súa parella, menor de idade, ao que se xulgará nunha vista que se celebrará este xoves na sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Segundo relata o Ministerio de Fiscal no seu escrito de acusación, os feitos tiveron lugar durante a tarde do 31 de decembro de 2017 no domicilio no que o procesado residía coa súa parella sentimental e a filla desta. Así, este home entrou nun dormitorio no que se atopaba a menor, coa que convivía desde facía oito anos, e "con ánimo libidinoso", "tocoulle por baixo da roupa os peitos e a vulva, sen o seu consentimento e contra a súa vontade".

En varias ocasións comprendidas entre esa data e setembro de 2018, "o procesado achegouse á nena e, con ánimo libidinoso tocoulle os peitos e a vulva, sen o seu consentimento e contra a súa vontade". Estes feitos ocorreron "sempre no domicilio familiar" e "cando o procesado entraba no dormitorio da pequena coa escusa de darlle as boas noites" ou "cando a atopaba pola casa e a nai estaba durmida ou non estaba preto e estaba ocupada".

Así mesmo, a finais de setembro de 2018, un día no que a menor comezou a colgar cadros na parede da vivenda, "o procesado, con ánimo libidinoso, empezou a fregar coa súa man a vulva da nena, para a continuación introducirlle na vagina un ou dous dedos, sen o seu consentimento e contra a súa vontade".

En virtude dun auto xudicial ditado en outubro de 2018, prohibiuse ao acusado achegarse á menor e comunicarse con ela por calquera medio durante toda a tramitación do procedemento.

MALTRATO

Xuízo
Xuízo | Fonte: EP

Por outra banda, a Fiscalía solicita penas que suman 19 anos de prisión para un home acusado de maltratar habitualmente, ameazar e abusar sexualmente da súa exparella, entre outros delitos, e que será xulgado este xoves na sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Segundo o escrito de acusación pública, o procesado mantivo unha relación de varios anos coa vítima, que finalizou en febreiro de 2018 e, durante o tempo en que foron parella, el someteuna a "constantes e reiterados actos de violencia física e psíquica", como insultos, ameazas, agresións e menosprecios. Ademais, revisaba o seu teléfono móbil e controlaba as súas amizades.

A Fiscalía relata varios episodios concretos como a ocasión na que o acusado, que estaba montado dacabalo (traballa nunhas instalacións hípicas), golpeou cunha pa á súa parella na cabeza e as costas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta