O BNG lanza unha campaña contra o "espolio eólico de Galicia"

O Bloque reclama no Congreso que o Estado ceda ao Concello de Sada o edificio da Terraza.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2021 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

O BNG lanzará unha campaña a nivel social e político para rexeitar o "espolio" eólico de Galicia e reclamar, á súa vez, un modelo alternativo que "sexa sustentable, xusto e reverta en beneficio das galegas e os galegos".

En concreto, consistirá nunha ofensiva de iniciativas institucionais, de mobilizacións sociais e de encontros informativos cos que os nacionalistas reivindicarán unha nova lexislación e un novo plan sectorial que "ordene o territorio" e "blinde aquelas zonas que deben estar libres de eólicos". Para iso, tal e como propón o BNG nun comunicado, ampliarase a 'Rede Natura' e paralizaranse aqueles proxectos que lle afecten.

Ademais, co obxectivo de obter "un retorno xusto que compense o impacto ambiental e social" dos parques, o Bloque avoga pola participación pública no sector a través dunha empresa galega de enerxía e unha tarifa propia que "abarate a factura".

A deputada do BNG, Noa Presas, nunha rolda de prensa no Parlamento de Galicia. BNG - Arquivo
A deputada do BNG, Noa Presas, nunha rolda de prensa no Parlamento de Galicia. BNG - Arquivo | Fonte: Europa Press

Segundo as súas palabras, Galicia vive nestes momentos un desenvolvemento "sen precedentes" de novos proxectos eólicos "sen planificación, sen un axuste ás necesidades ambientais e sociais" e "sen o máis mínimo consenso". E é que este "boom eólico", tal e como o cualificou Presas, "non está pensado en beneficio dos intereses galegos, senón para enriquecer ao gran oligopolio eléctrico".

Mentres tanto, a nacionalista reprocha o "papel consentidor" do Goberno central e a actitude da Xunta de Alberto Núñez Feijóo, que "está a impulsar numerosos cambios legais para aplanarles o camiño ás compañías eléctricas, mentres se perde biodiversidade e pérdense oportunidades (...) de que esta enerxía reverta no país".

A TERRAZA DE SADA

Por outra banda, o BNG, a través do seu deputado no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha iniciativa para reclamar ao Estado a cesión do edificio modernista da Terraza de Sada (A Coruña) ao Concello, ademais de pedir as obras de restauración e conservación necesarias.

Esta infraestrutura, situada en dominio público marítimo-terrestre, estaba cedida en concesión administrativa ata que a súa prórroga "foi denegada" en febreiro de 2021 --explica o Bloque-- por alcanzar o máximo de 75 anos permitido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Riolo

Sabrá la señora Presas con su gran curriculum profesional.... cual es la diferencia entre el kilovoltio y el kw-h?